Vigo acolle unhas xornadas sobre cidades intelixentes coa participación de máis de 300 profesionais
O Concello de Vigo, a Fundación FAIMEVI e o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia celebran hoxe e mañá, 26 de novembro, as terceiras xornadas técnicas Smart Cities & Communities, coa colaboración da Zona Franca e a Universidade de Vigo. No Auditorio Mar de Vigo, máis de 35 empresas de primeiro nivel mostran as súas propostas tecnolóxicas sobre cidades intelixentes e, en paralelo, se celebran as xornadas técnicas coa asistencia de 300 profesionais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes no acto de inauguración das que son as terceiras xornadas galegas, desta volta adicadas ás cidades intelixentes tras as edicións anteriores coa iluminación (2012) e as enerxías renovables (2013) como temáticas principais.
Hoxe e mañá, o Auditorio Pazo de Congresos de Mar de Vigo acolle un evento no que máis de 35 empresas de primeiro nivel expoñen as súas propostas tecnolóxicas para a evolución das cidades a modelos máis amables e sostibles para a cidadanía. Ao tempo, a organización programa as xornadas técnicas coa asistencia de máis de 300 profesionais.
Os presentes teñen a oportunidade de compartir coñecementos e experiencias prácticas para contrubuir á mellora dos servizos á cidadanía, do ámbito social, económico e ambiental, inducindo ao debate sobre o concepto, as estratexias, as tendencias e o futuro das cidades e as comunidades intelixentes. A xornada de hoxe, 25 de novembro, está centrada na sociedade e a transformación urbana, con dúas sesións temáticas: Sociedade, Economía e Goberno pola mañá e Planificación Urbana e Edificación pola tarde. A de mañá tratará da xestión intelixente dos recursos, con sesións técnicas sobre Enerxía e Mobilidade pola mañá e Auga e Residuos pola tarde.
Danse cita polo tanto expertos de prestixio, profesionais e empresas líderes a nivel estatal no ámbito das smart cities, convertendo ás xornadas nun referente para adquirir coñecementos técnicos, coñecer experiencias prácticas e os avances neste campo.
Durante os dous días, o Mar de Vigo convértese ademais nunha potente ferramenta de networking e negocio. Ademais de contar as ponencias cun marcado carácter técnico e divulgativo, as Xornadas ofrecen unha zona de exposición e stand, aberta ao público en xeral, para promocionar os produtos e servizos, entregar documentación comercial e informar con detalle, co obxecto de facilitar o establecemento de relacións profesionais e comerciais.
Descargar todas as imaxes