Vigo súmase ao 25-N cun multitudinario tapiz humano contra a ciberviolencia de xénero
O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller organizaron un ano máis un gran tapiz humano no centro da cidade para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, neste 2014 centrado na ciberviolencia, coa participación de 1.900 escolares de 38 centros educativos vigueses. Exposicións, relatos virtuais e actividades lúdicas, informativas e reivindicativas completan a acción municipal no marco do EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero.
Abel Caballero ensalzou o mosaico realizado polo alumnado para amosar a "repulsa" contra a violencia de xénero, centrado desta volta na sensibilización ante o ciberacoso, pois "de ningún modo se pode tolerar esa forma de control" porque é "o inicio da violencia". Se procura co EnlazaVigo, afirmou o rexedor, "mentalizar e previr", lanzar á xente nova a importancia das verbas "igualdade e dereitos".
EnlazaVigo é un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres. Na edición deste ano, o goberno de Vigo co Consello municipal da Muller céntranse na "ciberviolencia de xénero" na xuventude, co obxecto de previla, recoñecela e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Son formas de violencia reproducidas en dixital, coas mesmas caractarísticas na súa raíz de desigualdade e sexismo que a violencia de xénero, pero en novos formatos e coa inmediatez que facilitan as novas tecnoloxías.
As distintas manifestacións da ciberviolencia de xénero (sexting, ciberacoso...) son tratadas nas distintas accións de Enlaza Vigo coa participación activa do alumnado e profesorado. O acto central é o gran tapiz humano formado este martes na farola de Urzáiz por 1.900 escolares de Secundaria de 38 colexios de Vigo, recreando unha conversación de WhatsApp na que se produce e paraliza unha manifestación de ciberviolencia.
Antes da composición do tapiz, a organización dispuxo actividades informativas, lúdicas e reivindicativas no entorno, como a lectura de lemas e mesaxes desde o escenario principal, un photocall contra a violencia, unha mostra colectiva diante do MARCO e breakdance, grandes xogos, rap, malabares, regueifas e baile moderno.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pronunciou un discurso institucional antes da formación do tapiz e Raquel Doval, da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, deu lectura a un manifesto en representación do Consello municipal da Muller. Ao remate do tapiz gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero.
Ademais do acto central, o EnlazaVigo realizou outras accións como a exposición colectiva situada diante do MARCO, no que 34 centros de ensino realizaron en lona a súa expresión artística coa temática da ciberviolencia de xénero. As obras están expostas ata mañá, 26 de novembro. Por outra banda, a organización convidou aos centros á elaboración de relatos virtuais en WhatsApp nos que se presente unha manifestación de Ciberviolencia e a súa resolución, textos que poden ser consultados en www.enlazavigo.com