Escoitar

O alcalde garante dotación orzamentaria para o programa de bolsas de inglés no 2015

Caballero achegouse hoxe martes ao aeroporto para saúdar e despedir aos 150 alumnos que comezan a súa estadía como beneficiarios dunha das bolsas de inmersión lingüística do Concello. Tal e como avanzou o rexedor en rolda de prensa, o ano que ven manterase a dotación orzamentaria para un programa de inmersión lingüística que este ano permite viaxar a 300 nenos e nenas.

martes, 25 nov 2014
1416919481becas.JPG
O rexedor avanzou hoxe martes que no ano que ven, Vigo volverá contar co programa de inmersión lingüística que permitu esta mañá a 150 estudantes partir do aeroporto de Vigo como beneficiarios dunha das 300 bolsas de inglés que este ano outorgou o Concello. 50 destes alumnos viaxan a Brighton e Hove (Inglaterra), mentres que o resto o embarcou rumbo ás cidades inglesas de Norwich, Long Stratton, Thorpe e Costesse. Mañá mércores, 26 de novembro, parten os últimos 125 alumnos e o farán con destiño ás mesmas cidades inglesas que os cen que viaxan hoxe. O pasado venres 21 de novembro, saíron os 25 primeiros, neste caso, cara Irlanda, concretamente ás localidades de Bagenalstown e Gorey.

O rexedor, quen acudiou á terminal a saúdar e despedir a estes alumnos, felicitouse polo éxito dunha iniciativa que permite levar máis nenos a estudar fora en Vigo dos que se van financiados polo goberno autonómico en Cataluña en toda esa comunidade. Tal e como reiterou, nesta convocatoria, son 300 os alumnos beneficiariarios dunhas achegas que alcanzan un montante total de 700.000 euros. A esta cantidade hai que sumar outras 50 bolsas para alumnos da Escola Oficial de Idiomas, que inclúe axudas para Londres, Berlín, Rorma, Lisboa, Tokio e Pekín.
Descargar todas as imaxes