O Concello acepta que a Xunta participe na remodelación de Balaídos financiando a reforma das pistas de atletismo
O alcalde transmitirá hoxe á Xunta súa da decisión de admitir que sufrague a remodelación das pistas de atletismo de Balaídos en lugar de financiar o 10% da rehabilitación integral do estadio, tal e como lle solicitaba o Concello. Deste xeito a inversión autonómica será de 2 millóns de euros e as obras se realizarán en 2015 e 2016.
O alcalde confirmou hoxe mércores a aceptación da proposta da Xunta de Galicia para cooperar na remodelación do estadio de Balaídos contribuíndo con 2 millóns de euros para reformar as pistas de atletismo anexas ao estadio e a situada baixo a grada de Río. Nesta liña, o rexedor informou de que hoxe trasladarán á Xunta esta aceptación para comezar a traballar de xeito inmediato na sinatura dun convenio.
A pesar de que a proposta municipal era que o goberno autonómico achegara o 10% do custo das obras, uns 3 millóns de euros, o rexedor deu o visto bo á contraoferta que lle trasladou o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na reunión que mantiveron na Alcaldía o pasado 29 de outubro. A contraoferta da Xunta pasa por destiñar 2 millóns ás pistas de atletismo anexas ao estadio e á existente baixo a grada de Río, obras que se acometerían en 2015 e 2016. O ano que ven aportaránse 50.000 euros e o resto será ao ano seguinte, detallou. Caballero, non obstante, criticou que o goberno autonómico se negue a sufragar en Balaídos o 10% do custo total, como sí fixo no estadio de Pasarón, en Pontevedra.