O alcalde impulsa unha ordenanza que obrigue a todos os concelleiros a publicar o seu patrimonio
O Concello de Vigo contará cunha nova ordenanza de transparencia que obrigará a que todos os concelleiros publiquen o seu patrimonio na páxina web municipal. Así o avanzou hoxe Caballero quen confiou en que esta iniciativa teña o respaldo "unánime" dos grupos para a súa próxima aprobación en Pleno.
O alcalde deu as instruccións precisas para a elaboración dunha nova ordenanza de transparencia que esixa aos todos os concelleiros publicar o seu patrimonio na páxina web municipal. Trátase, explicou, do mesmo sistema que xa funciona no Congreso dos Deputados e confiou en que esta iniciativa obteña un respaldo "unánime" para a súa aprobación en Pleno. Tal e como explicou, o Concello de Vigo ten un índice de transparencia "elevadísimo", cunha puntuación de cen sobre cen nalgúns ámbitos, como a contratación. Ata o de agora xa estaba colgado na web o rexistro de intereses dos edís membros do goberno local.
Descargar todas as imaxes