Escoitar

Voan a Inglaterra os últimos 125 alumnos para estudar en inmersión cunha bolsa do Concello

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, despediu este mércores á ultima tanda dos 300 estudantes bolseiros do Concello para estudar inglés en inmersión, 125 alumnos que partiron desde Peinador con destino a Eltham, Rhyl, Godalming, Exeter e Tiverton. O goberno local adica 700.000 euros a este programa educativo.

mércores, 26 nov 2014
1417007043becas.JPG
Ante os medios de comunicación, Abel Caballero recordou que onte partiran outros 150 alumnos e alumnas a Inglaterra para estudar o idioma en Norwich, Long Stratton, Thorpe, Costessey, Brighton e Hove, mentres que o pasado venres, 21 de novembro, voaron os primeiros 25 estudantes con destino a Bagenalstown e Gorey, en Irlanda.

En total son 300 os estudantes de 3º de ESO que percibiron unha bolsa de estudos municipal este ano e que actualmente atópanse xa en distintas localidades de Inglaterra e Irlanda. Caballero, quen garantiu a reedición deste programa o próximo ano, apuntou que o Concello ten unha iniciativa similar coa Escola Oficial de Idiomas de Vigo, segundo o cal o goberno de Vigo ofrece este curso 43 axudas ao alumnado do centro para estudar inglés, francés, alemán, italiano, portugués, chinés e xaponés.

"Plantéome como obxectivo que, dentro de dous anos, todas as solicitudes de bolsas de inglés que se fagan na cidade de Vigo sexan concedidas", apuntando Caballero incluso a baixar a nota media esixida para que todos os estudantes que o soliciten poidan aprender inglés en Inglaterra.
Descargar todas as imaxes