Caballero e Fernández Alvariño "revisan" a situación económica da cidade
O alcalde e o presidente da CEG destacaron esta mañá a importancia de que Citroën poida asegurarse a nova liña de fabricación, así como de que o naval empece a recuperarse, aínda que faga con dificultades. Así o constataron esta mañá durante unha reunión que mantiveron na Alcaldía para "revisar" a situación económica da cidade.
O alcalde de Vigo e o presidente da patronal galega, José Manuel Fernández Alvariño, mantiveron esta mañá un encontro na Alcaldía no que "revisaron" a situación económica na cidade. Tal e como explicou o rexedor en posterior rolda de prensa, aludiron á importancia de que Citroën tome medidas para asegurar a nova furgoneta e a nova liña de fabricación ou á recuperación, con dificultades, que está a experimentar o sector naval. Asimesmo, engadiu o rexedor, Fernández Alvariño eloxiou iniciativas de incentivación económica executadas polo Concello como é a taxa 0 en terrazas ou o apoio orzamentario e político do Concello á acción empresarial e industrial en Vigo.
Descargar todas as imaxes