Teatro Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, actua o venres no Auditorio Municipal
A compañía galega de teatro Chévere gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014 está incluida na programación de Vigocultura que se desenvolve no Auditorio Municipal, e actúa este venres día 28 de novembro coa obra "ultrapremiada" nos últimos María Casares "Eurozone"
"Eurozone" é un panfleto teatral sobre a crise da Eurozona. Un auténtico pastiche no que se mesturan as referencias directas a Reservoir Dogs, á linguaxe da publicidade, aos casinos online, aos bailes de salón e ao argot económico que asolaga as nosas vidas. "Eurozone" é unha farsa teatral sobre a crise da zona euro, sobre a fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora, sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar cada certo tempo, sobre unha clase dirixente que só exerce o poder no seu propio beneficio, sobre o secuestro da democracia por parte do sector financieiro.
COMPAÑÍA: Grupo Chévere.
XÉNERO: Teatro contemporáneo.
PÚBLICO: Adulto.
DURACIÓN: 90 minutos.
IDIOMA: Galego.
AUTOR, ADAPTACIÓN E VESTIARIO: Chévere.
DIRECCIÓN: Xesús Ron.
ESCENOGRAFÍA: Chévere e Javier Ballestín.
DESEÑO DE SON E MÚSICA: Xacobe Martínez Antelo.
DESEÑO ILUMINACIÓN: Fidel Vázquez.
COREOGRAFÍA: Iván Marcos.
ELENCO ARTÍSTICO: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Borja Fernández e Pepe Penabade.
Horarios: 21:00 h
Acceso: 8 €
Descargar todas as imaxes
COMPAÑÍA: Grupo Chévere.
XÉNERO: Teatro contemporáneo.
PÚBLICO: Adulto.
DURACIÓN: 90 minutos.
IDIOMA: Galego.
AUTOR, ADAPTACIÓN E VESTIARIO: Chévere.
DIRECCIÓN: Xesús Ron.
ESCENOGRAFÍA: Chévere e Javier Ballestín.
DESEÑO DE SON E MÚSICA: Xacobe Martínez Antelo.
DESEÑO ILUMINACIÓN: Fidel Vázquez.
COREOGRAFÍA: Iván Marcos.
ELENCO ARTÍSTICO: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Borja Fernández e Pepe Penabade.
Horarios: 21:00 h
Acceso: 8 €