Escoitar

Caballero anuncia o reforzo do transporte urbano nas liñas C1 e C2 durante o Nadal

As liñas C1 e C2 de Vitrasa incrementarán as súas frecuencias durante o periodo de Nadal. Así o avanzou hoxe venres o rexedor nunha rolda de prensa na que non descartou que esta ampliación se consolide.

venres, 28 nov 2014
O alcalde anunciou hoxe venres a ampliación do autobús urbano na época do Nadal. Concretamente, explicou, entre o 1 de decembro ata o 11 de xaneiro, as liñas C1 e C2 ampliarán as súas frecuencias ou servicos. Trátase, dixo, dun reforzo "moi importante que non descartoque permaneza xa no futuro".

A liña C1 amplía as súas frecuencias os sábados, domingos e festivos a unha media de 10 minutos, mentres que a liña C2, que habitualmente non funciona nin domingos nin festivos pola mañá, pasará a facer o servizo todo o día, cos seguintes horarios:

- saídas desde Guixar: 10.15, 11.00, 11.45, 12.30, y 13.15, 16.15, 17.00, 17.45, 18.30, 19.15, 20.00h (e 20.40 ata Gran Vía 46)

- non realizará servizos en horario de mañá os festivos 7, 8 e 25 de diciembre (Nadal) e os días 1 e 6 de xaneiro