Escoitar

O Concello sufraga unhas xornadas sobre a protección da vulnerabilidade dos traballadores

Abel Caballero afirmou que as XVIII Xornadas de Outono, "da maior importancia", reúnen en Vigo a expertos en dereito laboral de toda España para analizar a merma dos dereitos dos traballadores durante a crise. O alcalde amosouse "encantado" de apoiar o evento por ser "un berro dos profesionais en favor dos dereitos dos traballadores".

venres, 28 nov 2014
1417179578jornadasoutono.JPG
Caballero asistiu este venres á inauguración destas xornadas, sufragadas polo Concello de Vigo, coa participación de expertos en dereito laboral de toda España que estudarán a protección da vulnerabilidade das persoas traballadores no contexto actual de crise económica.

O alcalde felicitou aos promotores da cita, que ten lugar hoxe e mañá sábado, e eloxiou este "berro dos profesionais en favor dos dereitos dos traballadores", algo no que "temos que dar unha gran batalla" xa que "o dereito laboral é fundamental", argumentou. Caballero avogou por un mercado do traballo "estrictamente regulado" e por facer un chamamento da caída e vulnerabilidade que están a padecer os traballadores coa crise actual.
Descargar todas as imaxes