Escoitar

O Concello coopera cun encontro lusogalaico sobre adiccións que se celebrará en febreiro en Vigo

Abel Caballero manifestou hoxe venres a súa preocupación porque, coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostenibilidade das Administración Local, os concellos perderán as súas competencias en materia social a partir de 2016. Así o dixo durante unha reunión preparatoria dun encontro luso-galaico sobre drogadiccións que se vai celebrar en Vigo o próximo mes de febreiro.

venres, 28 nov 2014
1417180046lusogalaico.JPG
O alcalde achegose esta mañá á reunión plenaria dos comités organizador e científico do Encontro Lusogalaico: Las adicciones en el siglo XXI que se organizará no Auditorio Mar de Vigo os próximos 26 e 27 de febreiro con expertos en siquiatría, traballo social e ONGs. Este encontro profesional de persoas que atenden problemas de drogadicción contará con asistentes chegados de Coruña, Ourense, Pontevedra, Lisboa, Porto, Braga, Coimbra, Cambridge, Melbourne, Uruguai ou Marruecos.

Caballero reiterou a vontade do Concello de seguir cooperando con proxectos de atención á drogodependendcia como CEDRO pero alertou de que, tal e como impón a Lei de Racionalización e Sostenibilidade das Administración Local, os concellos non terán competencia algunha en materia social a partir do 31 de decembro de 2015. Lembrou que desde a vicepresidencia da FEMP tense presentado contra esta norma un recurso de inconstitucionalidade, que foi aceptado, pero lembrou que no se resolverá antes de que entre en vigor este impedimento para as administracións locais. O rexedor trasladou a súa preocupación polo futuro de servizos como CEDRO, o albergue ou o apoio económico ás ONGs locais.
Descargar todas as imaxes