A Xerencia impulsa a poxa pública de 4 parcelas en A Tomada e 1 en Rosalía de Castro
O alcalde deu conta esta mañá do avance dos procedementos administrativos que permitirán sacar a poxa pública 4 parcelas en A Tomada (Navia) e 1 en Rosalía de Castro. Na Xerencia de Urbanismo tamén se deu conta das 357 comunicacións previas rexistradas en setembro, un 7,5 máis que no mes de agosto.
A Xerencia de Urbanismo aprobou o expediente patrimonial, o prego de condicións e a pertura do procedemento para a adxudicación da poxa pública das parcelas 249, 250, 251 e 252 de A Tomada para construir vivendas unifamiliares libres. O proceso de venta será á alza e con sobre pechado, por un valor de 314.160 euros (máis IVE). Na mesma reunión, tamén se incoou formalmente o proceso patrimonial para o alleamento da percela 156 do PMS, situada na rúa Miragaia. O prezo de saída do solar é de 1.096.934,25 euros e ten unha superficie de 329 m2, 3.030 m2 edificables. Esta iniciativa permitirá edificar en solares que nestes momentos non se atopan nas mellores condicións.
Segundo expliocu o rexedor, tamén se tomou conta coñecemento do informe sobre as comunicacións previas presentadas en setembro de 2014, 357, un 7,5 máis numerosas que no mes de agosto. 66 foron de obras maior e reforma, 199 de obra menor e 92 de actividade, segundo detallou o rexedor.
Por último, na Xerencia desta mañá deuse conta da concesión de 12 licenzas de obra e 2 de actividade para un investimento de 255.194 euros. Entre estas autorizacións destaca unha ampliación dunha nave existente destinada a fábrica de conservas e outra para un proxecto reformado de Mercadona, en A Florida.