venres, 5 dec 2014
Abel Caballero participou este venres no acto de entrega na Praza do Rei e informou posteriormente que a Oficina Municipal de Voluntariado suma preto de 2.500 inscritos, na súa maioría mulleres, que realizan accións de carácter ambiental, asistencial, solidaria, cultural, social e deportivo.
venres, 5 dec 2014
Este venres o alcalde mantivo unha reunión cos responsables da Orquestra Clásica de Vigo, cita na que acordaron celebrar as tres décadas que a formación musical cumpre o próximo ano con propostas como a celebración de concertos de música clásica en igrexas durante a Semana Santa, entre outras.
Anuncio
venres, 5 dec 2014
No marco da Campaña Municipal para favorecer o Uso Non Sexista de Xogos e Xoguetes, a Concellería de Igualdade organiza o relatorio "Xogos, xoguetes e contos que nos fan máis iguais", que terá lugar o mércores, 10 de decembro ás 19:00h na Casa das Mulleres. R/ Romil, 20. Entrada libre. Aforo limitado.
venres, 5 dec 2014
Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas: Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións:
Anuncio Normalización lingüística
venres, 5 dec 2014
A Xunta de Galicia convoca cursos gratuítos de Celga e linguaxe administrativa que terán lugar na Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o 15 de decembro ata o 16 de xaneiro de 2015, para os cursos do segundo cuadrimestre.