O Concello adxudica provisionalmente a humanización de Castrelos e Rosalía de Castro
O goberno local deu luz verde á clasificación de ofertas para a adxudicación da humanización das rúas Castrelos e a primeira fase de Rosalía de Castro. Tal e como precisou o rexedor en rolda de prensa, estas obras sumaránse en breve a outras dúas que van comezar o 9 de decembro en Alonso Ojeda e a Praza de Martínez Garrido.
O alcalde de Vigo avanzou hoxe xoves a posta en marcha dunha nova tanda de humanizacións na cidade. Concretamente, a Xunta de Goberno Local aprobou onte en sesión extraordinaria a clasificación de ofertas para a contratación das obras na avenida Castrelos (entre avenida Portanet e Clara Campoamor), cun importe de licitación de 232.417,56 euros. Tal e como explicou o rexedor, se prevé unha medianeira axardinada de 1,40 m de ancho ao longo de toda ac tuación, ademais da renovación das beirarrúas que pasarán de 2 a 3 metros de ancho. Renovarase a rede de saneamento, o alumeado, a canalización de redes aéreas e colocarase arbolado e mobiliario urbano.
Outra das obras a piques de comezar é da I fase de Rosalía de Castro, cun importe de licitación de 2 millós de euros e un prazo de execución dun ano. Segundo Caballero, serán 10.000 m2 de actuación total e 4.700 m2 de beirarrúas de granito. Renovarase o saneamento, o abastecemento, ademais de 120 puntos de luz, xardineiras, e sinalización luminosa no pavimento. Entre República Argentina e Oporto, haberá dous carrís de circulación por sentido, unha medianeira e aparcamento en liña por ambos lados. Entre Oporto e Canceleiro, detallou, haberá un carril de circulación por sentido, aparcamento en batería a ambos lados e unha medianeira vexetal de separación. O alcalde referiuse, a súa vez, aos traballos que se van acometer en Ramón Nieto (fronte ao Mercado de Cabral) e á cuberta do Pavillón de Teis, cun importe de licitación de 158.359 euros.
Na Xunta de Goberno aprobouse tamén o plan de seguridade e saúde de Alonso Ojeda, cun orzamento de 180.000 euros e un prazo de execución de 4 meses e a Praza Martínez Garrido, cun orzamento de 290.000 euros e o mesmo prazo de execución. Ambas humanizacións arrancarán o 9 de decembro. Neste punto tamén aludiu á renovación que se está a acometer na Praza de Peniche, dúas obras emblemáticas para a cidade.
Campos de fútbol
A Xunta de Goberno Local aprobou un paso administrativo o último trámite administrativo antes do inminente inicio de obras nos campos de fútbol da ETEA, Samil e As Travesas, por un importe total de 857.000 euros. No campo de As Travesas, cun orzamento de 185.000 euros, acometerase a reposición e mellora do terreo de herba artificial e o sistema de rego. No caso de Samil, cun orzamento de 235.000 euros, tamén se reporá e mellorará o terreo de xogo de herba artificial, así como o sistema de rego. Por último, o Concello construirá un novo campo de fútbol 11 nas instalacións da ETEA por un importe de 437.000 euros.
Cabalgata de Reis
O goberno local adxudicou o proceso negociado con publicidade para a contratación do deseño e producción das carrozas para a Cabalgata de Reis por un importe de 47.942,50 euros. Tamén se adxudicou de xeito definitivo, dixo, a xestión e transporte de desprazamentos do programa educativo Vigo por dentro-Coñece a túa cidade.