Escoitar

Caballero salienta os 42 empregos que xera en Vigo o novo Mercadona da Avenida da Florida

O alcalde, a tenente de alcalde e o concelleiro de Comercio, entre outras autoridades, asistiron este xoves á apertura do novo establecemento da cadea de supermercados na Avenida Florida 108, que emprega a 42 traballadores e, xunto ao Lidl aberto nun espazo anexo, actuarán como un "complemento vital ao desenvolvemento desta zona", en verbas de Caballero.

xoves, 4 dec 2014
1417701933mercadona.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, entre outras autoridades, asistiron esta mañá á apertura do novo establecemento de Mercadona na Avenida Florida 108, un centro con máis de 1.700 metros cadrados de superficie total e 138 prazas de aparcamento que conlevou un investimento de 4,5 millóns e emprega a 42 profesionais.

Abel Caballero indicou que, xunto ao Lidl aberto dias atrás nunha parcela anexa, son dous os "importantísimos centros comerciais" abertos no solar da antiga factoría de Hierros Arteta, que actuarán como "complemento vital ao desenvolvemento desta zona".

Informa a empresa que na construcción da tenda da Avda Florida participaron unha media de 40 proveedores que deron emprego a máis de 160 persoas durante a fase de obra. O supermercado incorpora un conxunto de medidas (recuperadores de calor, iluminación eficiente, temporizadores e portas automáticas, etc) que logran unha reducción de ata o 20% no consumo enerxético.
Descargar todas as imaxes