Escoitar

O Concello outorgou no mes de decembro 222.000 euros en 851 axudas para aluguer

O Concello de Vigo impediu no mes de decembro o desfiuzamento de 851 familias de Vigo que non podían pagar o seu aluguer. Así o dixo hoxe o rexedor quen cifrou en 222.000 euros o importe total destas achegas.

mércores, 3 dec 2014
O alcalde deu conta esta mañá de que o Concello entregou neste mes de decembro 222.000 euros en 851 axudas para sufragar parcial ou totalmente axudas de aluguer. Segundo precisou, 330 destas achegas foron entregadas con talón e 521 a través de transferencia. En rolda de prensa, Caballero destacou a importancia destas axudas xa que impediron o desfiuzamento de 851 familias viguesas con escasos o nulos recursos económicos.