Caballero cualifica as obras da depuradora de avance "histórico" en defensa do medio ambiente
O alcalde avanzou hoxe que a depuradora suporá un avance cara ao "Vigo no que queremos vivir, unha cidade que non contamine e que respecte a ría e a pesca". Así o dixo este martes nunha visita ás obras na que estivo acompañado pola ministra de Medio Ambiente e o presidente da Xunta, entre outras autoridades.
Abel Caballero asegurou esta mañá que a cidade vive un "fito histórico" coas obras da nova depuradora que hoxe visitou acompañado da ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. Na súa intervención, Caballero sinalou que a posta en marcha desta dotación supón un avance no "Vigo no que queremos vivir, unha cidade que non contamine, que respecte a ría e a pesca". Estamos moi satisfeitos, engadiu, da "velocidade de cruceiro á que van as obras".
Lembrou no seu discurso as dificultades da posta en marcha desta infraestrutura, "unha longa travesía na que houbo que ter moito tesón". Non foi "fácil", aclarou, nin "en termos sociais, nin económicos nin tecnolóxicos pero hoxe é unha realidade". A nova depuradora, dixo, suporá a desaparición da afección sobre a ría, e foi máis aló, asegurando que permitirá revertir os efectos do "erro histórico" de construir unha depuradora na desembocadura do Lagares, "estamos devolvendo ao río o que nunca se lle debeu arrebatar". Recoñeceu o elevado custo do proxecto, encadrándoo como "un tributo do Concello, da Xunta e do Goberno de España ao medio ambiente".
Durante a súa intervención, Caballero cualificou o proxecto como o "froito da colaboración entre administracións", enfatizando que ésa é a mensaxe que "queremos transmitir". Lembrou que a orixe deste proxecto sitúase alá por 2007 e que o convenio entre Concello, Xunta e Ministerio de Medio Ambiente asinouse en 2012, sendo ministra Elena Espinosa. Incidiu na boa coleboración entre administracións ao recoñecer que o actual goberno de España continúa esta obra "co mesmo impulso". Era unha obra moi complexa, subliñou, con moitas dificultades técnicas e medioambientais pero agora xa é unha realidade. Rematou trasladando o "recoñecemento da cidade a todos os traballadores e técnicos deste gran proxecto de colaboración entre administracións que queremos que continúe".
Descargar todas as imaxes