A unanimidade da Corporación demanda activar a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero
Todos os grupos políticos municipais apoiaron este luns a moción presentada polo PP no Pleno da Corporación, instando ao Concello a "activar e dinamizar" a Mesa cara a "prevención, sensibilización e intervención da violencia de xénero" así como requerir da Xunta de Galicia a elaborar un regulamento de funcionamento das mesas para unha mellor coordinación interinstitucional.
O Pleno da Corporación municipal celebrado este luns deu luz verde á proposta do PP instando ao Concello a "activar a dinamizar" a Mesa a través da Concellería de Igualdade, coa súa representación directa así como dos ámbitos de servizos sociais municipais, CIMs, educativo, sanitario, xudicial, forzas e corpos de seguridade e daqueles outros "que traballen na prevención, sensibilización e intervención da violencia de xénero".
Nun segundo punto, os edís municipais instaron á Xunta de Galicia a "apoiar a creación, activación e dinamización das Mesas Locais contra a Violencia de Xénero a través da elaboración dun regulamento de organización e funcionamento para acadar unha mellor coordinación interinstitucional" entre as administracións.
Casco Vello
O grupo municipal do PP conseguiu a aprobación dunha segunda moción solicitando que a normativa de acceso e circulación de vehículos no Casco Vello vigués sexa actualizada segundo as "necesidades actuais e reais" dos usuarios, permitindo a renovación das tarxetas de acceso nas mesmas condicións que ata o de agora.