O Pleno pide auditar o servizo que presta a concesionaria do autobús urbano
A sesión deste luns deu luz verde á moción do BNG instando ao goberno local á realización dunha auditoría que permita ter os "datos reais e un control exhaustivo" do servizo que está prestando a empresa Vitrasa. A decisión, apoiada polo PP coa abstención dos socialistas, tamén require a avaliación do novo mapa de liñas e a súa eventual mellora.
O texto aprobado insta ao goberno de Vigo a auditar á concesionaria do autobús urbano para ter "datos reais e un control exhaustivo" da función que está a prestar, xa que "cada día custa máis cartos aos vigueses e ofrece un peor servizo", tal e como indica a moción nacionalista.
Un segundo punto do acordo demanda da administración local a avaliación do novo mapa de liñas e a súa modificación "para atender ás necesidades reais de desprazamentos da cidade", ao tempo que pide do Concello de Vigo a conxelación de todas as tarifas no 2015. Por último, a moción solicita a creación dun bono-bús gratuitos para desempregados de longa duración con recursos inferiores ao salario mínimo interprofesional, e para aqueles que carezan de fonte de ingresos.