Escoitar

O novo Lidl de A Florida supuxo un investimento de 2,6 millóns e da traballo a 14 persoas

A grupo de supermercados Lidl conta na avendia de A Florida cun novo establecemento no que traballan 14 personas nunha superficie de 1.200 m2. Así o constataron esta mañá de martes o alcalde e a responsable de Urbanismo, Carmela Silva durante una visita ao establemento que supón o número trinta desta cadea en Galicia.

martes, 2 dec 2014
1417537124lidl.JPG
Abel Caballero e a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron esta mañá o novo Lidl ubicado na avenida de A Florida. A construcción desta nova tenda, coa que a cadea alcanza a treintena en toda Galicia, supuxo un investimento de 2,6 millóns de euros, unha superficie de 1.200 m2 e unha plantilla de 14 traballadores.

O inmoble, desañado segundo a nova imaxe da compañía, construiuse ademais baixo os criterios de eficiencia enerxética e sostenibilidade medioambiental que Lidl incorpora para as súas aperturas. Entre outros aspectos, destaca a instalación de mecanismos de refrixeración de baixo consumo e sistemas de iluminación LED en todos os puntos de luz.

Tal e como sinalan responsables de Lidl Supermercados, filial española de Lidl Stiftung & Co.KG, seguen buscando en Galicia novos emprazamentos e xa están presentes con 10.000 establecementos en 26 países europeos. Lidl Stiftung forma parte do grupo Schwarz, que ocupa que ocupa a 7ª posición no ranking mundial de empresas de distribución por volume de ventas, cunha plantilla de 335.000 empregados e unha facturación anual de 74.000 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes