Escoitar

Caballero avanza que mañá xoves arranca a primeira fase da humanización de García Barbón

A humanización da primeira fase da avenida García Barbón arrancará mañá xoves 4 de decembro co inicio das catas arqueolóxicas. Así o avanzou Caballero quen engadiu que hoxe comenzan as obras nas rúas Doutor Canoa e Coutadas.

mércores, 3 dec 2014
O alcalde anunciou hoxe mércores que mañá 4 de decembro arrancan as obras da primeira fase de humanización da avenida García Barbón. O tramo comprendido entre Republica Argentina e Serafín Avendaño ten un importe de 2 millóns de euros e as primeiras actucións serán catas arqueolóxicas, segundo explicou en rolda de prensa Caballero. O alcalde salientou a importancia de actuar nunha rúa moi poboada e deteriorada por falta de actuacións e anunciou que a segunda fase das obras chegarán ata o comezo de Sanjurjo Badía.

Tal e como se aprobou nunha Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o venres 28 de novembro, hoxe arrancan as obras de humanización en Doctor Canoa, rúa Coutadas (entre rúa Santander e o paso superior sobre a AP-9), mentres que as da rúa Toledo e o seu contorno, comezarán o martes, 9 de decembro. O día 15, inicaránse os traballos na rúa Saa, Beade, ao tempo que se xa está a realizar a mellora da rede separativa de pluviais e renovación de pavimento nas seguintes zonas: subida á Madroa e rúa Manuel Costas Bastos; subida Moteira en Bembrive; rúa Seixo en Beade; rúa Roteas de Abaixo; Gandarón; Camiño Fermín e Bagunda; rúa Santa Mariña Cabral; Camiño Fondo en Castrelos; Humanización Rúa Pedreira II. Tamén están en marcha, segundo o rexedor, os accesos ao pavillón municipal de Coruxo e no Camiño Gándara; San Cosme-Zamáns; rúa Atlántida-Alcabre; rúa Estrada A Balsa-Matamá; rúa Bravo-Navia; Camiño Oia e Camiño Rozo-Oia; rúa Eira Vella-Saiáns; subida á Rola-San Roque; estrada Marco-Sárdoma, e, por útlimo, Camiño Pinguela-Valladares.

Na Xunta de Goberno Local tamén se adxudicou a contratación das obras de consolidación de nichos do cemiterio de Teis para evitar que o derrubamento. Tal e como lembrou o rexedor, o Concello acomete esta actución en 181 nichos por seguridade e pese a que son de titularidade privada.

Asimesmo, adxudicouse o procedemento aberto para a contratación do subministro de maquinaria para o ximnasio do Parque Central de Bombeiros de Teis, por un importe de 100.000 euros. O orzamento total das obras é de 1,2 millóns de euros e se prevé que a reforma integral esté rematada antes de finais de ano.

Caballero deu conta da contratación dos servizos docentes para o programa de ximnasia para maiores, que conta cuns 200 usuarios, aos que hai que sumar otros 250 da natación para maiores. O programa de ximnasia de mantemento desenvólvese nos pavillóns de As Travesas, Lavadores e Teis. Na mesma Xunta de Goberno tamén se deu luz verde á continuidade do procedemento para acometer obras de accesibilidade nos centros públicos por importe de 300.000 euros.