Escoitar

O Concello amplía os horarios da biblioteca central no periodo de exames de Nadal

Abel Caballero anunciou este mércores a decisión municipal de abrir a biblioteca central en periodo de exames en horario nocturno e as fins de semana. Desde o próximo martes, 9 de decembro, e ata mediados ou finais de xaneiro, os estudantes terán aberto o recinto de luns a vernres ata a unha da madrugada, os sábados ata as dez da noite e os domingos ata as dous do mediodía.

mércores, 3 dec 2014
O alcalde indicou que existe "demanda" entre o colectivo de estudantes solicitando un horario de apertura máis amplo da biblioteca central e, tras a negativa da Xunta de Galicia (a central forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, xestionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), o goberno de Vigo decidiu encargarse da ampliación horaria e do coste económico que conleva.