Escoitar

Un grupo de trinta operarios traballa a diario no mantemento das rúas de Vigo

O alcalde achegouse esta mañá á Praza do Rei para saudar a unha parte da treintena de traballadores que conforma Mantenimiento Vigo, un programa municipal para conservar en bo estado as rúas da cidade. Segundo Caballero, o número de operarios pode aumentar ata os 60, cando a demanda o determine.

mércores, 3 dec 2014
1417614479cuadrilla.JPG
Unha treintena de traballadores, que ocasións poden aumentar ata os sesenta, integra Mantenimiento Vigo, un programa que está a desenvolver o Concello para facer os traballos de mantemento da cidade. Contan con 8 vehículos e o seu cometido é conservar o bo estado de todas as rúas, tal e como quedan logo das humanizacións, apuntou. O rexedor saudou hoxe na Praza do Rei a un grupo destes empregados aos que animou a seguir traballando para mellorar Vigo. Na posterior rolda de prensa, Caballero explicou que segundo os "picos" da demanda ou das inclemencias climatolóxicas, o número de traballadores poderá duplicar os 30 que atenden as rúas a diario.
Descargar todas as imaxes