O Concello e Marinetea inician os preparativos para conmemorar o centenario da ETEA en Vigo
O alcalde e os responsables da entidade mantiveron unha reunión este xoves para comezar a planificación dos actos de celebración do centenario da apertura da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada en Vigo, inaugurada en 1916 e aberta ao público no 2008 polo goberno local.
Abel Caballero explicou que a instalación da ETEA en Vigo supuxo un "cambio tecnolóxico sustancia na cidade" ao traer a profesionais con formación técnica e axudar á creación dunha estrutura de xente formada en Vigo. En segundo lugar, o alcalde lles trasladou que o goberno que preside fará un campo de fútbol no recinto.
Descargar todas as imaxes