O goberno local fai entrega de diplomas a 40 voluntarios municipais

Abel Caballero participou este venres no acto de entrega na Praza do Rei e informou posteriormente que a Oficina Municipal de Voluntariado suma preto de 2.500 inscritos, na súa maioría mulleres, que realizan accións de carácter ambiental, asistencial, solidaria, cultural, social e deportivo.

venres, 5 dec 2014
1417784371voluntariado.JPG
Os voluntarios municipais realizan as súas funcións en eventos deportivos, sociais, culturais, solidarios e medioambientais, principalmente, tal e como explicou Caballero ante os medios. Enfatizou o alcalde as propostas máis novedosas, como o voluntariado cultural (con lecturas ofrecidas na Biblioteca Neira Vilas ou a Noite Blanca no Quiñones de Leon), o coñecemento da cidade (visitas guiadas por rúas e barrios como o Casco Vello ou Bouzas), o fomento da música, do teatro e da rede museística (para dar a coñecer os distintos recintos), as rutas escultóricas pola cidade e o acompañamento e apoio escolar (como un programa de respiro familiar que atende a nenos de entre 3 e 6 anos hospitalizados).
Descargar todas as imaxes