Escoitar

O Concello cooperará na celebración dos 30 anos da Orquestra Clásica de Vigo

Este venres o alcalde mantivo unha reunión cos responsables da Orquestra Clásica de Vigo, cita na que acordaron celebrar as tres décadas que a formación musical cumpre o próximo ano con propostas como a celebración de concertos de música clásica en igrexas durante a Semana Santa, entre outras.

venres, 5 dec 2014
1417784437orquesta.JPG
O alcalde, Abel Caballero, asegurou que a música clásica está a asentarse e potenciarse na cidade con formacións de longa traxectoria como a Orquestra Clásica de Vigo e outras de recente creación como a Vigo 430. Neste eido, o goberno local aprobou na súa reunión desta mañá conceder unha subvención de 40.000 euros á Asociación Amigos da Ópera para o programa Outono Lírico.
Descargar todas as imaxes