Escoitar

O goberno de Vigo abre a poxa pública dunha parcela no entorno de Rosalía de Castro

A Xerencia municipal de Urbanismo aprobou os pregos de condicións e abriu o proceso de adxudicación por poxa pública dunha parcela de 329 metros cadrados na rúa Miragaia, no entorno de Rosalía de Castro. O prezo de saída é de 1,1 millóns de euros e podería aloxar unha edificación de 29 vivendas.

venres, 5 dec 2014
O alcalde de Vigo informou da apertura deste procedemento con 30 días de prazo para a presentación das ofertas, a contar desde a última publicación no BOP ou no DOG. O terreo que sae a poxa pública conta de 329 metros cadrados de superficie e podería dar cabida a unha edifición de 29 vivendas.

Por outra banda, Urbanismo concedeu 15 licencias de obra e 5 de actividade por un investimento superior ao medio millón de euros, autorizacións entre as que destacou Caballero a outorgada á entidade mercantil Frigoríficos de Galicia para obras de reforma das súas instalacións en Baixada as Roteas, en Teis.