Declaración institucional en solidariedade co Pobo Palestino
Na sesión plenaria deste martes, o alcalde de vigo deu lectura a un texto previamente consensuado polos grupos políticos en defensa do Pobo Palestino. Este acordo será trasladado ao presidente da Xunta e ao presidente do Goberno para que actúen en consecuencia.
"-O Concello de Vigo condena o ataque criminal perpetrado polo Estado de Israel contra a faixa de Gaza e reclama que cesen de inmediato os ataques e bombardeos israelís contra o pobo palestiniano.
-O Concello de Vigo solicita a finalización do bloqueo contra a faixa de Gaza, así como o derrubamento do muro do apartheid que Israel está a construír na Palestina ocupada.
-O Concello de Vigo apoia o boicot diplomático, comercial, académico e cultural ao Estado de Israel mentres non cumpra a legalidade internacional e non respete os dereitos do pobo palestinano.
-O Concello de Vigo solicita ao Goberno español que abandone a súa actitude pasiva diante deste conflito e exixa ao Estado de Israel o cumprimento do Dereito Internacional e das resolucións que aprobaron as Nacións Unidas desde 1948, de reparto territorial, así como a resolución 194 que obriga a Israel a asumir o dereito ao retorno da poboación palestina a súa terra.
-O Concello de Vigo apoia os actos que se convoquen para expresar a repulsa social ao ataque criminal do Estado de Israel contra o pobo palestiniano da faixa de Gaza, e fai un chamamento á cidadanía deste concello, e á galega en xeral, para manifestar de maneira masiva nas rúas o rexeitamento a este xenocidio.
-Dar traslado deste acordo ao presidente da Xunta de Galiza e ao presidente do Goberno español para que obren en consecuencia."