O Pleno insta á Deputación e Zona Franca a contribuir ao finanzamento das obras de Balaídos
Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao solicitar á Deputación de Pontevedra e á Zona Franca que contribúan económicamente ás obras necesarias no Estadio Municipal de Balaídos. Unha moción do PP, apoiada polo resto dos partidos, insta a técnicos municipais a redactar un informe que avalíe os custos da totalidade de actuación precisa.
Os votos de todos os grupos políticos deron luz verde esta mañá a unha moción do PP na que se acorda que os técnicos municipais redacten un informe coa avaliación dos custes da actuación na totalidade do Estadio de Balaídos, a fin de que a Deputación de Pontevedra poida aportar finanzamento para contribuir á reforma das bancadas. O texto tamén recolle que o Pleno da Corporación inste á Zona Franca a se sume á iniciativa cunha achega económica.
Tamén se aprobaron por unanimidade outras dúas iniciativas populares. A primeira delas solicita o establecemento dunha dotación orzamentaria para a elaboración e implantación dun plan de mobilidade en bicicleta en Vigo. Este plan, segundo recolle o texto, debería integrarse no plan de transporte urbano sostible e contar co aval dos axentes sociais e dos técnicos municipais. A segunda desas mocións que acadaron o apoio de todos os grupos propón habilitar un solar que conte cos servizos básicos de auga, enerxía eléctrica, saneamento, etc, que garanta as condicións de salubridade e digna habitabilidade dos traballadores ambulantes das feiras.
Asimesmo, o PP conseguir sacar adiante outra proposta sobre transporte público, aínda que neste caso coa abstención do PSOE e o BNG. Concretamente, o texto solicitaba a creación dunha liña de transporte público ao Campus Universitario de Vigo para dar servizo ás zonas de Sanjurjo Badía, Teis, Avenida de Buenos Aires, Travesía de Vigo e Ramón Nieto.
Moción BNG
Os votos dos concelleiros do BNG deron luz verde a unha moción na que se insta á Xunta e ao alcalde de Vigo á mediación no conflito laboral que se está a vivir na planta PSA Peugeot Citroën, esixindo á empresa a inmediata readmisión dos traballadores despedidos. Tanto PSOE como PP se abstiveron na votación desta iniciativa nacionalista.