O Concello esixe que a Xunta sitúe en Vigo a sede da Fundación Obra Social de Galicia
Unha moción presentada polo grupo socialista na sesión plenaria deste martes -respaldada por unanimidade- esixe do goberno autonómico que Vigo sexa a sede a todos os efectos da nova Fundación Obra Social de Galicia e que nos seus estatutos quede blindada a permanencia na cidade da colección artística procedente da antiga Caixanova.
O texto aprobado recorda que as pezas artísticas que ten en propiedade a Obra Social de Novacaixagalicia proceden da colección herdada da antiga Caixanova, 5.500 obras maioritariamente pictóricas.
A Xunta de Galicia anunciou que a sede social e fiscal do novo organismo, que operará baixo a marca pública AFundación, se establecerá na Coruña, cando actualmente reside na cidade olívica.
Outros acordos
Os socialistas presentaron outras dúas mocións que tamén recabaron o apoio dos grupos do BNG e do PP. Por un lado, o Concello insta ao Goberno do Estado a aprobar o expediente de gasto e iniciar as obras da nova sede da Tesourería da Seguridade Social en Vigo, no ámbito da Metalurxia, para o que obtivo licencia no ano 2011. En segundo lugar, o Pleno insta á Xunta de Galicia a axilizar a tramitación do certificado de minusvalía para que o Concello poida facilitar a tarxeta de estacionamento.