Silva invita á cidade á inauguración do baluarte da muralla de O Castro o próximo xoves 31 de xullo
A concelleria de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, avanzou esta mañá que o próximo xoves 31 de xullo, ás 12,00 horas, inaugurarase o baluarte da muralla de O Castro construida a mediados do século XVII. En rolda de prensa, a tenene de alcalde tamén anunciou que o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Mirambel estará incluido no programa "A Noite Branca" polo que permanecerá aberto o día 8 de agosto de 20,00 a 02,00 horas.
O resultado das obras de demolición do Restaurante O Castillo, que se inaugurará o xoves 31 de xullo ás 12,00 horas, suporá, segundo explicou Carmela Silva, a eliminación do denomidado pastiche deste establecemento hosteleiro. A responsable de Patrimonio Histórico explicou estes traballos permitirán recuperar e poñer en valor a muralla e a fortaleza de O Castro, permitindo a visión do baluarte da muralla que se atopaba cegado polo edificio do antigo Restaurante. Trátase, dixo, dunha actuación de recuperación de patrimonio histórico nun BIC da cidade, a fortaleza de O Castro que, como a muralla de San Sebastián, foi construida a mediados do século XVII.
A tenente de alcalde tamén avanzou que o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Mirambel estará incluido no programa "A noite branca" polo que permanecerá aberto o día 8 de agosto desde as 20,00 ás 02,00 horas. Dentro da actividade deste recién inaugurado recinto cultural, tamén se organizarán os xoves de agosto 21 e 28 e o 4 de setembro realizaránse recreacións históricas con figurantes caracterizados do mundo romano e haberá visitas guiadas. Durante a rolda de prensa, Silva puxo en valor os datos de visitas deste Centro, que desde o 1 ao 27 de xullo foi visitado por 1.075 persoas, durante os domingos a media de visitas sitúase en 100, chegando onte ao récord de 132.
Casa do Patín
Durante a súa intervención, Silva indicou que os técnicos municipais está a rematar o Proxecto de Rehabilitación do inmoble coñecido como Casa do Patín, en Bouzas, para destiñalo a equipamento cultural e social. Unha vez rematado, enviarase a Patrimonio da Xunta para informe, avanzando que en outubro podería licitarse a obra, cun prazo de execución aproximado de 5 meses. Cun orzamento de 500.000 euros, a rehabilitación contempla a recuperación do conxunto orixinal de edificacións e, entre outras funcións, incluirá unha sala de estudo e lectura na pranta baixa e unha sala de actividades no primeiro andar.
No Casco Vello da cidade, un orzamento de 350.000 euros permitirán acometer proxectos de mellora e reposición de espazos públicos no Casco Vello: Praza da Princesa, Praza de Argüelles e espazos soterrados entre a rúa Abeleira e a Praza de Argüelles, locais comerciais de titularidade municipal. O obxectivo é, dixo a responable municipal, completar as reformas realizadas nos últimos anos "nunha zona moi especial da cidade", a Porta do Sol, ademais de finalizar coa disparidade en acabados e a ausencia dunha ordenación común para o conxunto das fachadas. Tal como explicou e atendendo as consideracións do PEPRI, suprimiránse os dous locais que se atopan máis próximos aos arranques das escaleiras que dan acceso á Praza de Argüelles. O resto das fachadas dos espazos cedidos en réxime de concesión que dan frente á rúa Elduayen manterán a súa actividade, cun novo tratamento de fachada homoxéneo e contínuo, co obxectivo de que se entenda como unha unidade.
Respecto da tramitación, Silva indicou que hai informe favorable de Patrimonio Histórico da Xunta, pendente de ser recibido no Concello. Precisou que a previsión é que as obras comecen a finais do mes de setembro e que estean rematadas a finais de ano.
Descargar todas as imaxes