O Concello de Vigo recibe o Primeiro Premio de Boas Prácticas en Drogodependencias
A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e a FEMP concederon ao Concello de Vigo esta distinción "pola nosa acción na prevención, polos nosos mecanismos e plans de prevención", explicou o alcalde. Caballero amosouse satisfeito polo "recoñecemento a unha das políticas sociais importantísimas que realiza o Concello".
Abel Caballero recibiu un escrito da Secretaría Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) comunicando a concesión do Primeiro Premio de Boas Prácticas en Drogodependencias, outorgado pola propia FEMP e a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.
O alcalde amosou públicamente a súa "satisfacción" e explicou que a administración local recibe este galardón "pola nosa acción na prevención, polos nosos mecanismos e plans de prevención" da drogadicción. Trátase do "recoñecemento a unha das políticas sociais importantísimas que realiza o Concello de Vigo", sentenciou Caballero, quen recordou que é o goberno local o que financia case en exclusiva CEDRO, a Unidade Asistencial de Drogodependencias.
Este galardón súmase ao xa recibido polo Concello de Vigo no ano 2013, outro premio nacional de boas prácticas na sensibilización contra a violencia de xénero.
O rexedor vigués asegurou que Vigo é "o concello de España con máis acción social" e afirmou que no último mes o goberno municipal deu 80 tarxetas da dignidade por importe superior aos 30.000 euros para a compra de alimentos. Ademais, a día do hoxe o goberno que dirixe Caballero leva concedidas 1850 axudas de emerxencia por valor de 410.000 euros, "o dobre que o ano pasado", aseverou, ao que se engaden os dous millóns de euros adicionais do plan de apoio ás familias para vivenda, alimentos e carencia enerxética.
Descargar todas as imaxes