Escoitar

Caballero anuncia novas humanizacións por valor de 1,3 millóns de euros

O primeiro edil visitou este mércores as traballos de reforma da última fase da humanización da rúa Brasil, para un investimento total de 2,1 millóns de euros. Abel Caballero informou da aprobación en Xunta de Goberno Local de obras en Alonso Ojeda, Severino Cobas, no Camiño Gándara e nos accesos ao pavillón de Coruxo, na rúa Toledo, Baixada a Ríos e Doutor Corbal, en Coutadas e en Doutor Canoa, por valor de 1,3 millóns.

mércores, 23 xul 2014
1406133780brasil.JPG
O Concello ultima a humanización da rúa Brasil coa terceira fase da reforma, orzamentada en 555.000 euros. Caballero explicou que "estamos diante dunha das humanizacións emblemáticas da cidade" e detallou que a renovación completa da rúa suporá un investimento total de 2.099.000 euros, quilómetro e medio de novas canalizacións de abastecemento, saneamento e pluviais, 3.000 metros cadrados de beirarrúas de granito, 52 novos puntos de luz, 15 papeleiras, 9 bancos, 26 xardineiras e máis de medio centenar de árbores.

Por outra banda, o alcalde informou da aprobación na sesión do pasado venres da Xunta de Goberno Local de obras de mellora en numerosas rúas, por valor total de 1,3 millóns de euros. Trátase do proxecto de humanización da rúa Alonso Ojeda, en Teis, melloras en Severino Cobas, nos accesos ao pavillón municipal de Coruxo e no Camiño Gándara, na parte restante da rúa Toledo e o seu entorno, en Baixada a Ríos e Doutor Corbal, a mellora da rúa Coutadas e a humanización de Doutor Canoa.
Descargar todas as imaxes