Escoitar

O Concello ofrece cadeiras anfibias nas praias para o baño das persoas con mobilidade reducida

Abel Caballero visitou este martes a praia de Samil onde, xunto ao Vao, o goberno local oferta este dispositivo para que os discapacitados poidan acceder ao baño durante xullo e agosto, en horario de mañá e tarde. No verán de 2013 se empregaron en máis de 600 ocasións.

martes, 22 xul 2014
1406030316sillas.JPG
O goberno de Vigo pon este verán á disposición das persoas con mobilidade reducida cadeiras anfibias coas que acceder ao baño nas praias, dúas en Samil -con catro persoas de apoio- e unha no Vao -con dúas persoas de apoio- durante os meses de xullo e agosto, de luns a domingo, de 11 a 14 horas en horario de mañá e de 17 a 20 horas pola tarde.

O persoal municipal ofrece acompañamento ata a auga na cadeira, o baño e a ducha posterior, un servizo "moi solicitado" no pasado verán por case 250 usuarios únicos e máis de 600 baños. Calqueira persoa pode empregar estes dispositivos anfibios previa solicitude aos servizos municipais.

As cadeiras anfibias forman parte do programa municipal de respiro familiar "Lecer no Verán para Persoas con Discapacidade", que conta con 89 usuarios e ten lugar no VERBUM no mes de xullo e no centro San Francisco en agosto. O Concello adica 35.000 euros para esta iniciativa, unha das 191 actividades programadas pola administración local para este verán, para un total de case 20.000 prazas.

O alcalde enfatizou "a enorme política social que Vigo desenvolve de forma continuada", en particular as accións e programas que dispón o Concello para a atención e apoio a persoas con algún tipo de dependencia. Xunto ao nomeado anteriormente, o goberno de Vigo suma o "Xantar na Casa", a Teleasistencia, o Bono-taxi, a "Accesibilidade ás Praias" e os convenios rubricados con AFAGA e as asociacións de Xordos e Menela, xunto ao programa "Servizo de Axuda no Fogar". Ademais, no día de hoxe, o Concello concedeu outras 19 tarxetas da dignidade por valor de case 10.000 euros en total para a compra de alimentos e productos de primeira necesidade.
Descargar todas as imaxes