Escoitar

O Concello pon en uso Tomás Alonso despois de adicar 1,5 millóns de euros á súa humanización

O alcalde e varios concelleiros do goberno local asistiron este venres á apertura da rúa Tomás Alonso, entre Camilo Veiga e a Alameda Suárez Llanos, treito de máis de 300 metros humanizado con renovación tanto na superficie como nas redes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais.

venres, 18 xul 2014
1405698285tomaslonso.JPG
Caballero explicou este venres que o goberno que preside investiu case 1,5 millóns de euros na reforma do treito final de Tomás Alonso, rúa que agora luce novo arborado, papeleiras, xardineiras e novos puntos de luz.

Ademais, a humanización conlevou a renovación de case un quilómetro de canalizacións de agua, ademais da execución de colectores separados para as augas pluviais e as residuais. A rúa está novamente aberta ao tráfico e presenta unhas beirarrúas máis amplas e de pedra natural.
Descargar todas as imaxes