venres, 18 xul 2014
Caballero asegurou este venres que son "as mellores festas da historia da cidade", que contan cun orzamento de 640.000 euros, un 10% superior ao pasado ano, e rematan o próximo 24 de agosto. O Concello programa concertos, teatro, gastronomía, actividade museística e infantil, en múltiples espazos da cidade. Castrelos acollerá os espectáculos de Malú e Jaime Cullum.
venres, 18 xul 2014
O goberno local aprobou este venres o plan especial e "comezamos xa de forma inmediata o proceso de expropiación" das 108 parcelas afectadas, nalgúns casos acordando cos propietarios, para poder iniciar a primeira fase o próximo verán. A senda verde terá case dous quilómetros e 30 metros de ancho, zonas verdes, carril bici, parques infantís e biosaudables.
venres, 18 xul 2014
O alcalde deu conta este venres do acordo, adoptado pola Xunta de Goberno Local, polo que 203 alumnos de 3º de ESO da escola pública e 87 máis da rede concertada poderán cursar unha estancia no estranxeiro para aprender inglés, cunha bolsa municipal do programa "Vigo en Inglés 2014". O Concello de Vigo destina 700.000 euros ao efecto.
venres, 18 xul 2014
O Gran Premio Cidade de Vigo disputa este sábado (19:00 horas, pistas de Balaídos) a súa trixésima quinta edición co Concello de Vigo como piar e sustento do evento co seu apoio económico, abonando íntegramente os premios en metálico (3.900 euros) para os campións e segundos clasificados de cada proba, salvo o 1.000 e a pértiga feminina, que reciben trofeo.
venres, 18 xul 2014
O Concello colabora na segunda edición de VIKUL, o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que se celebrará no Verbum (Avenida de Samil, 17), entre os días 18 e 20 de xullo. Clases maxistrais de artistas nacionais e internacionais compartirán cartel con actuacións na rúa, obradoiros de danza e graffiti para os máis pequenos e un gran flashmob de peche.
venres, 18 xul 2014
Ponse en coñecemento da cidadanía que, a partir das 09,00 horas do día 21 de xullo de 2014, establécese como zona XER as seguintes rúas:<br />
• República Arxentina (entre os números 19 e 21)<br />
• Caracas (entre a rúa Honduras e Fernando Conde)<br />
• E. Heraclio Botana.