A Xunta de Goberno da luz verde a obras en parroquias por un importe preto ao millón de euros
Abel Caballero informou onte que a Xunta de Goberno validou melloras de infraestruturas en parroquias que forman parte do proceso activo de obras keynessianas que seguirán a manter a acción neste ámbito na cidade de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta dos asuntos aprobados en Xunta de Goberno entre os que se atopan as melloras de infraestruturas nas parroquias de Vigo por un importe de 588.000 euros. Deste xeito, segundo apuntou, comezarán de forma inmediata as actuacións na Rúa Coutada (Beade), antigo Concello de Lavadores (Lavadores), rúa Falcoa-Camiño do Fondo (Castrelos) e Rúa Igrexa (Valadares).
O alcalde lembrou tamén que dentro deste programa están xa executadas actuacións levadas a cabo en Camiño Pedreira (San Andrés de Comesaña, Avenida Cesáreo Vázquez (Oia) e Camiño do Pinal (Saians), Estrada Moledo-entronque estrada Lameiro (Sárdoma); Rúa Goleta (Candeán), Rúa Carballal (Cabral), Rúa Areeiro (Sampaio) e Camiño Penedos (Sampaio). En total case 600.000 euros que, tal e coma avanzou o rexedor, forman parte do "proceso activo de obras keynessianas que seguirán a manter a acción das infraestruturas na cidade.
Estrada da Venda
Na Xunta de Goberno tamén se validou o proxecto de reforzo da rede de abastecemento en Valladares, concretamente no Camiño da Venda, por un importe de 430.000 euros.
Descargar todas as imaxes