Escoitar

O alcalde reúnese coa Confraría do Cristo da Victoria para preparar a procesión

Abel Caballero reuniuse na tarde de onte con representantes da Confraría do Cristo da Victoria para preparar a procesión na que miles de vigueses sairán á rúa. A cita, prevista para o vindeiro domingo 3 de agosto, contará coa "cooperación, coma sempre" do Concello de Vigo, segundo explicou o rexedor.

martes, 15 xul 2014
1405439353CRISTO.JPG
O Cristo da Vitoria de Vigo converteuse nun dos emblemas da cidade. Entre outras cosas, atribúeselle a vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron Vigo en 1809. Desde ese ano o Cristo sae en procesión cada primeiro domingo de agosto.
Descargar todas as imaxes