José Pérez Rial e entidades solidarias da cidade serán os pregoeiros do Día de Galicia
Abel Caballero asegurou esta mañá que o vigués José Pérez Rial e as entidades "A Las 5, Vida Digna, Banco de Alimentos, Comedor de la Esperanza, Afán e Hermanos Misioneros" serán este ano os pregoeiros do Día de Galicia, que se celebrará o vindeiro mércores 23 de xullo no Pazo de Castrelos.
O alcalde destacou que a cidade de Vigo é a cidade máis solidaria de España, tanto desde o ámbito público como desde as entidades que traballan en favor das persoas desfavorecidas. "Queremos facer un recoñecemento á súa solidariedade, destacou Caballero, quen tamén relatou os programas levados adiante desde o Concello. Así, referiuse aos programas de axudas a familias, axudas contra a violencia de xénero, axudas á infancia, as bolsas de comedor, a apertura e funcionamento do albergue e tantas outras que fan que Vigo sexa "o Concello con máis política social".
O vigués José Pérez Rial é neurociruxano en Sao Paulo e traballa nas favelas. Pérez Rial estivo entre os 100 emprendedores españois recoñecidos por "Marca España" e recibiu o premio España Social 2012. Queremos homenaxear "aos que practican a solidariedade," indicou o rexedor.