O goberno local completa os apoios aos clubs de elite da cidade, que reciben case 450.000 euros
A Xunta de Goberno Local validou os proxectos de convenio para completar a achega municipal deste ano ás entidades deportivas viguesas de elite, unha subvención de case 450.000 euros a clubs "para atención aos seus ámbitos deportivos de base", explicou Abel Caballero.
O goberno de Vigo deu luz verde aos proxectos de convenio con entidades deportivas de elite da cidade "para atención aos seus ámbitos deportivos de base", clubs como o Vigo Voleibol, o Club Deportivo Bosco, o SD Octavio, a FPR El Olivo, o Sárdoma CF, o AMFIV e o CD Xuvenil de Teis, que perciben preto de 450.000 euros.