Escoitar

PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO "VIGO INTEGRA II"<br /> <br />

A finalidade do Programa é a mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de plans integrais que combinen accións de diversa natureza: Información, orientación e asesoramento, formación, prospección de empresas e intermediación laboral, e mobilidade xeográfica.

venres, 11 xul 2014
O programa está dirixido a un total de 100 persoas, e con prioridade a colectivos con especial dificultade á hora de conseguir un posto de traballo: mulleres, xovenes con baixa cualificación, parados de larga duración y emigrantes.

Vigo Intregra II, conta cun presuposto de 213.000 euros, 160.000 procedentes da subvención concedida para o Desenvolvemento de Programas Integrados para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, e unha aportación municipal de 53.000 euros.


O requisito para poder participar é estar inscrito como demandante de emprego e solicitar a participación en Programas Integrados para o Emprego, na oficina correspondente do Servizo Público de Emprego de Galicia.

MAIS INFORMACIÓN NO TELÉFONO 010