Escoitar

Vigo acolle un seminario de reflexión e debate sobre a contratación pública

Abel Caballero inaugurou este xoves a cita, que ten lugar os días 10 e 11 de xullo e reúne na cidade a prestixiosos ponentes e profesionais da contratación procedentes de toda España. O Seminario abordará aspectos da contratación pública como a revisión de prezos na contratación ou a incorporación de cláusulas sociais e medioambientais.

xoves, 10 xul 2014
1404993599seminario.JPG
Este xoves e mañá vernes, Vigo convértese no centro da reflexión dos profesionais sobre a contratación pública, reunidos na cidade por mor do Seminario que inaugurou esta mañá o alcalde no edificio municipal de Areal. "Iniciamos estas xornadas que pretendemos que continúen", anual ou bianualmente, en verbas de Caballero.

Prestixiosos ponentes e profesionais de toda España -Barcelona, Castellón, Zaragoza, Madrid, Castela a Mancha...- danse cita na cidade para intercambiar experiencias, coñecementos e reflexións sobre os aspectos máis complexos da contratación no país e en Europa, cuestións como a revisión de prezos na contratación, a incorporación de cláusulas sociais e medioambientais nos procesos ou a posibilidade de licitacións conxuntas entre administracións, entre outras cuestións.

A celebración deste Seminario é froito da organización a cargo do Concello de Vigo coa colaboración doutras institucións públicas como Cosital Pontevedra, a Universidade de Vigo e o Observatorio de Contratación Pública de Aragón.
Descargar todas as imaxes