xoves, 10 xul 2014
O alcalde asinou este xoves un acordo para a organización deste programa municipal de respiro familiar para persoas con discapacidade, nos meses de xullo e agosto. O Concello sufraga o "Lecer no Verán" con 31.000 euros, Caixabank achega 4.500 euros e a Central Radio Taxi e a Plataforma "Paso Vigo" prestarán o servizo de transporte "porta a porta" no mes de xullo.
xoves, 10 xul 2014
Abel Caballero inaugurou este xoves a cita, que ten lugar os días 10 e 11 de xullo e reúne na cidade a prestixiosos ponentes e profesionais da contratación procedentes de toda España. O Seminario abordará aspectos da contratación pública como a revisión de prezos na contratación ou a incorporación de cláusulas sociais e medioambientais.
xoves, 10 xul 2014
O alcalde participou na presentación da proba, que terá lugar o 3 de agosto na praia do Vao, e salientou que Vigo forma parte da "elite" dos circuitos de travesía a nado de España grazas á XXXVI Travesía a Nado El Corte Inglés. O 31 de xullo péchase a inscripción tanto para a popular como para a proba de Augas Abertas.