Escoitar

O Concello abre a convocatoria para conceder 430.500 euros a clubs deportivos

O alcalde informou hoxe mércores da aprobación das bases para concorrer á convocatoria municipal de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, cun total de 430.500 euros de orzamento. O apoio directo da administración local aos clubs da cidade supera o millón de euros.

mércores, 9 xul 2014
Abel Caballero recordou que o goberno local conta cunha segunda partida de apoio aos clubs deportivos da cidade dotada con 600.000 euros, co que as subvencións que entrega ás entidades viguesas supera o millón de euros.

No tocante á convocatoria aberta de 430.500 euros en subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para a nova tempada, o rexedor explicou que os interesados poderán presentar as súas solicitudes nun prazo de 20 días naturais a contar desde a data de publicación das bases no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.