Escoitar

O Concello remata o novo acceso peonil a Navia, con 50 aparcamentos e zonas verdes

O goberno local concluíu os traballos do novo acceso peonil a Navia desde a VG20, con zonas verdes e estacionamentos, visitados este martes polo alcalde, quen recordou que o Concello está a construir no barrio unha escola infantil e un complexo deportivo de auga e xa rematou o aparcamento xunto ao polideportivo e a cuberta do colexio, obras que suman más de 10 millóns.

martes, 8 xul 2014
1404820471navia.JPG
Abel Caballero visitou este martes os traballos acometidos polo goberno de Vigo en Navia para crear un novo acceso peonil, con zonas verdes e prazas de estacionamento, nas proximidades á rotonda de acceso á VG20.

Segundo explicou Caballero, o Concello adica 164.000 euros para habilitar este espazo con 50 novas prazas de aparcamento, 700 metros cadrados de zonas verdes, novas beirarrúas de granito, cinco puntos de luz e nova rede de saneamento, "unha gran demanda de Navia".

O alcalde recordou que o Concello está a constuir no barrio unha nova escola infantil, rematou a cuberta do patio do colexio Alfonso Rodríguez Castelao, adecuou unha parcela xunto ao polideportivo con 50 prazas de aparcamento e o novo complexo deportivo de auga, con investimentos totais superiores aos 10 millóns.
Descargar todas as imaxes