O goberno local aproba os proxectos para estabilizar os nichos inclinados do cemiterio de Teis
Así o anunciou este martes o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que a Xunta de Goberno Local validou os proxectos básico e de execución de consolidación dos cimentos de nichos nunha zona do cemiterio, por importe de case 120.000 euros. O rexedor recordou que o Concello realizará a obra polo interese público da mesma, pese a que os afectados son de titularidade privada.
O Concello de Vigo declarara esta obra de interese público -aínda que son de titularidade privada- e procedera a apuntalar estes nichos no cemiterio de Teis, por risco de caída, despois de levar inclinados desde hai décadas, segundo afirmou o rexedor.
A Xunta de Goberno Local da agora un novo paso coa aprobación dos proxectos básico e de execución da reforma, tal e como informou Abel Caballero, que consistirá na reparación e reforzo da cimentación para garantir a estabilidade dos mesmos. Os traballos terán un prazo de execución estimado dun mes, unha vez licitado e contratado, cun orzamento de case 120.000 euros e "en poucos meses" estarán concluidos.