Escoitar

O Concello sufraga na súa totalidade a actividade da Asociación de Mulleres Dorna

O alcalde e a presidenta da entidade rubricaron este luns un convenio de colaboración polo que o goberno de Vigo financia as accións de Dorna en Coia, apoiando o mantemento do "Punto Informa" que teñen no barrio e o concurso escolar que organizan para previr a violencia á muller.

luns, 7 xul 2014
1404733931dorna.JPG
O Concello de Vigo achega 18.000 euros á Asociación de Mulleres Dorna, cunha traxectoria de 30 anos no barrio de Coia, para sufragar íntegramente, tal e como asegurou Caballero, ás actividades da entidade.

O goberno local apoia así o mantemento do "Punto Informa" de Dorna -para atender ás mulleres nos ámbitos de prevención da violencia e igualdade de oportunidades- e a organización dun concurso sobre a violencia que se exerce no mundo ás mulleres e ás nenas, dirixido ao alumnado dos colexios de Coia.

Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo subvenciona tamén as actividades da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e conta asemade cunha rede de servizos e recursos específicos para as mulleres, como o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller e a rede de acollida, formada ésta última polo Centro de Emerxencia e tres vivendas de protección ás vítimas de violencia de xénero. Por outra banda, segundo apuntou o alcalde, a Policía Local de Vigo xa leva formado a 114 mulleres vítimas de violencia machista en técnicas de autodefensa.
Descargar todas as imaxes