Escoitar

O alcalde salienta o "éxito" de cubrir as prazas ofertadas en actividades para o verán

Abel Caballero visitou hoxe luns un dos campamentos urbanos organizados polo Concello, desta volta en Bouzas, dentro da programación municipal de accións infantís e xuvenís durante o verán. O Concello oferta 19.500 prazas en case 200 actividades, todas cubertas a falta de pechar 170 vacantes para un campamento en agosto nas Travesas.

luns, 7 xul 2014
1404733892campamento.JPG
O campamento urbano que visitou hoxe luns o alcalde en Bouzas -que conclúe este venres tras comezar o 23 de xuño- foi o que tivo máis demanda por parte dos vigueses: máis de 400 persoas o solicitaran como primeira opción para un total de 50 prazas dispoñibles.

Caballero recordou que o goberno local oferta 19.500 prazas en case 200 campamentos e actividades infantís e xuvenís para este verán, un "programa dun éxito certamente notable" ao ter xa cubertas todas as vacantes, salvo 170 prazas aínda dispoñibles para un campamento gratuito que terá lugar en agosto nas Travesas.

O rexedor explicou que estas accións se promoven para "apoiar ao máximo a conciliación da vida laboral e familiar", polo que se ampliou este ano a oferta aos nenos de 3 e 4 anos.
Descargar todas as imaxes