venres, 11 xul 2014
O alcalde agarda que os gobernos autonómico e central incorporen nas súas licitacións na cidade cláusulas como as do Concello, para garantir o cumprimento das condicions laborais, de calidade no emprego e para conseguir contratar a máis traballadores eliminando as horas extra.
venres, 11 xul 2014
Abel Caballero informou hoxe venres da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio "inmediato" da reforma desta rúa, desde a Travesía de Vigo ata a rúa Mestre Chané. O Concello ampliará as beirarrúas e manterá coa reforma as dúas liñas de aparcamento, incorporando novo arborado, zonas verdes e iluminación eficiente.
venres, 11 xul 2014
Así o indicou este venres Abel Caballero, tras a celebración da Xerencia de Urbanismo na que se deu conta da concesión de permisos de primeira ocupación ás últimas oito vivendas pendentes do Residencial Aires, o coñecido como o "Barrio das Cores", en Castrelos, construido hai quince anos.
venres, 11 xul 2014
O alcalde da cidade, Abel Caballero, anunciou que a XXII Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se presentou hoxe en Alcaldía, será "un evento deportivo singularmente importante" no que por vez primeira o club vigués organizador, C.R. Coruxo, ten opcións serias de gañala dende que en 2011 disputouse por vez primeira ante a praia de O Vao.
venres, 11 xul 2014
A finalidade do Programa é a mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de plans integrais que combinen accións de diversa natureza: Información, orientación e asesoramento, formación, prospección de empresas e intermediación laboral, e mobilidade xeográfica.