O goberno local ultima a tramitación para adicar 463.000 euros á humanización de Baixada Mestre Chané
Abel Caballero informou hoxe venres da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio "inmediato" da reforma desta rúa, desde a Travesía de Vigo ata a rúa Mestre Chané. O Concello ampliará as beirarrúas e manterá coa reforma as dúas liñas de aparcamento, incorporando novo arborado, zonas verdes e iluminación eficiente.
O goberno de Vigo deu luz verde este venres aos plans de xestión de residuos e de seguridade e saúde da obra de humanización, que conta con 5 meses de prazo de execución e un orzamento de 463.000 euros.
Abel Caballero explicou que a actuación, "de inicio inmediato", ronda os 200 metros de lonxitude, mantendo as prazas de aparcamento a ambos marxes da rúa e incluindo a construción dunha illa central que ordenará o tráfico na confluencia con Mestre Chané. Como é habitual, a humanización renovará as redes de saneamento e abastecemento, cambiará a iluminación por unha enerxéticamente máis eficiente e disporá bancos, xardineiras, papeleiras e máis arborado.
Emprego
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste venres, validou distintos acordos en materia de emprego, como a aprobación das bases e a convocatoria do programa de axudas municipais á creación de empresas. Nesta iniciativa, o Concello reserva 150.000 euros para apoios a empresarios individuais ou PEMES que crearan recentemente a empresa, con domicilio fiscal na cidade. A achega municipal é dun máximo de 3.000 euros para subvencionar parte dos gastos de posta en marcha e funcionamento da compañía nos seus primeiros meses.
Caballero tamén informou da aceptación dunha subvención para por en marcha o programa "Vigo Integra II", dotado con preto de 215.000 euros para formar a 100 persoas con dificil empregabilidade e apoialos para atopar emprego, cunha inserción laboral mínima do 35%. Por último, o goberno de Vigo deu o visto bo ao proxecto de convenio a asinar coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, un acordo segundo o cal a administración local achega á entidade 27.500 euros para contratar a cinco profesionais durante cinco meses que ofrezan atención ás vítimas de violencia de xénero.
O alcalde invitou á Xunta de Galicia, á Deputación de Pontevedra e ao Goberno de Estado a realizar na cidade programas de emprego como o Vigo Integra, os Coidadores de Barrio ou o VigoEmprega, iniciativas municipais nas que o Concello da traballo a 250 persoas.